Un pouco sobre nós

A Banda de Gaitas MAR DE AROUSA nace como tal, no mes de xuño do ano 2005, sendo a súa sede social e local de ensaio, o antiguo Módulo de Baile de Bamio. Os compoñentes iniciais foron 23 xóvenes baixo a dirección do profesor Agustín Lorenzo, e sendo o fundador o seu presidente, Xaquín García.

 

Os gaiteiros procedían de diversos grupos de gaitas de lugares próximos: Vilagarcía de Arousa, Guillán, Vilanova de Arousa, Bexo, Rianxo, Carril, Abalo, Dimo, etc. sendo todos alumnos do citado profesor, Agustín Lorenzo.

 

A primeira actuación como Banda de Gaitas MAR DE AROUSA, foi nas festas de San Xoán de Bamio, o día 26 xuño de 2005. Nos seus comezos, o grupo estaba formado por gaitas, tamboriles, bombo e pandeiretas; así tamén, parte dos seus compoñentes forman o Grupo de Baile.

 

Tras a súa legalización como Asociación Cultural, axiña se asinan convenios de colaboración ca Exma. Diputación Provincial, formando parte do “Plan Cultural” e tamén co Concello de Vilagarcía e Vilanova de Arousa. As seguintes actuacións serán na Guadalupe de Puebla de Sanabria e Rianxo. E así un longo traxecto de actuacións ao longo da xeografía galega.

 

Convínanse os ensaios da Banda coa aprendizaxe da escola de gaitas, da que se irá formando canteira propia e que irá nutrindo con novos compoñentes. O longo da súa curta historia e de maneira desinteresada, participan e colaboran en galas benéficas contra o cancro, seráns e festas en concellos próximos.

 

No ano 2007 a Banda adquire unha nova dirección a cargo do profesor José Manuel Acha, do Grupo de Gaitas Maquía de Godos.

 

O Grupo de Baile, pasou por diferentes profesoras como Nati, Fefa e Arantxa (antigua compoñente da “Perla de Arosa”.

 

No ano 2007 o grupo grazas ao presidente da Casa de España en Kiel (Alemaña), Don Fernando Álvarez; participa no macro festival de Kieler Woche, representando o folklore español, nesta ocasión, a Banda, irá reforzada cos gaiteiros de “Maquía” de Godos pasando a ter una pequena trayectoria internacional.

Tras un gran éxito en Kiel, foron comprometidos cun ano de antelación para o ano seguinte, condeándose con grupos de todo o mundo e de gran calidade musical. Unha productora alemana gráballes un CD e adícalles un programa de televisión do Holstein. Así tamén, o periódico de máis tirada de Kiel o “Kieler Natrichen” adícalles outra portada.

 

Tras varios avatares da agrupación, en novembro do 2008. prodúcese unha renovación de directiva, facéndose cargo coma presidenta, María-Mercedes Abalo.

 No 2009, comeza unha nova etapa e o grupo disminúe o seu número de compoñentes; perdendo a posibilidade de ir a moitas actuacións, xa que os máis pequenos, todavía non aprenderan a tocar os instrumentos ainda así consigue seguir adelante mantendo as súas ganas e ilusión. Tamén faise un cambio de local de ensaio, que será a unitaria de Vilar.

 

No 2010, faise un cambio de profesor de baile, Gorka Loureiro (compoñente de “C.C. A Ponte Vella” de Teo) que mantense como profesor ata a actualidae.Ao mesmo tempo que o grupo vaise facendo con compoñentes cada vez mais xóvenes. Ao longo do ano saen novas actuacións, e pouco a pouco o grupo vai medrando.

 

En marzo de 2011, MAR DE AROUSA volve a cambiar de local de ensaio, o novo Centro Socio-Cultural de Bamio. Máis adiante intégrase Carmen Rey (compoñente de “Malveiras” de Carril), como nova profesora de pandeireta. A finais do 2011, faise un novo cambio de directiva, quedando como presidente José Alcalde, entre a nova directiva, intégranse compoñentes do grupo para así ter unha voz dende dentro.

 

Xa no 2012, MAR DE AROUSA, participa no seu primeiro concurso de Baile Tradicional “Tequexetéldere” na Estrada (Pontevedra), acadando o 3º posto da categoría D. Isto axudou a MAR DE AROUSA a ser máis recoñecida por toda Galicia e favorece as novas contratacións, invitacións a festivais e seráns e, moitas reportaxes de televisión, coma na Romaría Vikinga (Catoira) ou no Carmen dos Pincheiros (A Pobra do Caramiñal). Polo que a directiva decide crear o “I Festival Folklórico e de Baile Tradicional MAR DE AROUSA”, o que asistiron grupos coma “A Ponte Vella” de Teo, “Xiada” de Cornazo, “Xirandola” de Silleda e “Rancho Folklórico As Moleirinhas das Marinhas” de Portugal; cabe destacar que os portugueses acolleron tan ben a invitación que invitáronnos a facerlles unha visita no seu 30º Aniversario.

 

Tras varios meses o grupo acada máis de 50 compoñentes de tódalas idades facendo máis variado e especial a asociación.

 En novembro de 2012, celébrase o “I Serán de Mar de Arousa”, esta vez con magosto popular.

Nos anos posteriores o grupo foi medrando ao mesmo tempo que os compoñentes que o compoñen, non obstante a xente nova segue chegando e uníndose á familia que chegou a ser o grupo.

O grupo non soamente visitou portugal nos anos posteriores, senón que sorprendeu a lugares como Cantábria e Badajoz co seu espectáculo.

Mar de Arousa despois de tanto tempo formado, continua formando e alegrando xente co seu arte.